Dhogs pelicula

Dhogs: de coellos violentos e cans obedientes

Claro. Partimos da base de que non é un filme normal e corrente. Dhogs non ten unha presentación co seu nó e desenlace. Esta película non ten unhas persoaxes idílicas e con vidas deliciosas. Desta form, temos aquí un filme de crítica. De claro sabor social. Estampado ante nós temos a mellor representación sibilina da sociedade amortecida e amordecida. Calada. E todo embalado nunha alegórica e interpretativa metáfora de perversións, violencia e hastío.

É unha rareza atopar isto no panorama audiovisual español, e xa non digamos no galego! Dhogs é unha fascinante rareza con toques fantásticos que imprime unha pegada diferente e interesante sobre a realidade social actual. Pero non quedemos nas catro esceas de violencia. Nin tampouco no absurdo de dúas secuencias illadas (absurdo para algún, cabe dicir). Intentemos ver que é o que nos ofrece Andrés Goteira.

Unha metáfora social

O director lugués márcase con esa película unha metáfora ben ensamblada do acalado da sociedade. Polo tanto, é unha crítica directa ao espectador, que asiste pasmoroso a todo o que acontece ao seu arredor. Isto únese a unha fiel representación do dominio das elites que manexan os fios, coma o mellor demiurgo narrado por Valle Inclán. Se o filme fose un libro, podería estar narrado por Max Estrella coa súa visión dos espellos cóncavos. É dicir, un filme de ambientes irreais, con historias cruzadas no tempo e no espazo. Que van desgranando ao ser humano sen compaixón pero si con paixón e visceralidade.

A análise preséntase difícil para o espectador nun primeiro momento. Os actores defíneos claramente Goteira dende un comezo. Temos unha trama vehicular que fai entender as outras dúas. Unha clara montaxe que a pesar de introducir de forma desigual aos actores non deixa de darlle importancia a todos. Xa se sabe aquilo que di: a cantidade non é necesariamente calidade.

Dhogs, a violencia imposta polo poder

A liña argumental de Dhogs substéntase nuns actores que a pesar do pequeno e illado dos seus persoaxes dan calidade, imprimen vida e unen o guion. Con claridade o director amasa unha trama lineal cos protagonistas. Con carácter son resoltas as subtramas que identifican o ‘quid’ da cuestión a analizar. Non temos que profundizar nelas. Non son o tema central, pero sen elas non se entendería a temática. É ese tipo de información que necesitamos para poder unir todo o que nos conta Goteira. A primeira vista desconcerta non ter todas as historias acabadas pero iso dalle sabor e consistencia ao produto final. O que o director quere dicir está artellado perfectamente. Os fios que colgan danlle ese punto ‘kitsch’ que pode chirriar nun especatador crítico en demasía.

En apariencia e a simplicidade do relato de Dhogs pode desacougar ao espectador. Aínda así, a espiral de violencia desenvolvida a partires da historia inicial só é un exemplo máis do dano imposto polo poder. As metáforas sucédense, pero todas veñen a rematar na angnórise final. A pasividade sumisa dos actores e dos espectadores ante o acontecido. Non hai que volver a vista a John Casavettes, a David Lynch ou a Léos Carax. Temos diante un filme fantástico, irreverente e con calidade. De feito,oO lado obscuro da sociedade e do ser humano expóñense con morbo e impacto. O espectador ten que ser capaz de asimilar as rarezas para poder ver no fondo da realidade.

Más filmes coma Dhogs son necesarios. Agardemos que vaian surxindo.

No Comments

Post A Comment

Si continúas navegando por este sitio aceptas nuestras cookies. Más información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar