cineuropa 2018

Cineuropa 2018: o mellor cine que virá

Todos os anos Cineuropa é unha cita imprescindible para poder empaparse do mellor cinema. Dende o festival compostelá encárganse de facer unha selección do mellor cinema europeo e internacional do momento. Grazas ao seu director, José Luis Losa, temos unha oportunidade única. Filmes que doutro xeito non chegarían ás nosas pantallas a maioría das veces.

Novembro é o mes elixido. Son tres semanas de cinema. Proxéctanse centos de filmes, tanto de estrea coma retrospectivas específicas. Este ano a selección non defraudou. A aposta por parte da dirección de Cineuropa de beber de cintas doutros festivais nunca decepciona. Cannes, Venecia, Sevilla, Locarno, Sundance,… Os mellores filmes e máis premiados non faltaron á cita. Ademais un nutrido grupo de arriscadas propostas tamén completaron o festival. De entre as máis de medio cento de películas que un servidor puido visionar vamos a recomendar algunhas. Dividímolas en grupos para facilitar a escolla.

As imprescindibles

Son as cintas que gañan premios. Das que todo o mundo fala. E ademais son excelsas dentro do seu ámbito. Transmiten. Non te deixarán indiferente. Lembraraste delas aínda que pase o tempo.

– Un asunto de familia (Xapón, 2018)
Este filme destaca pola dicotomía do tratamento dun asunto puntual pero con trasfondo. Un debate sobre as relacións humanas e sociais. Un debate aberto: familia, cariño e amor. Todo analizado dende a perspectiva dunha disfuncional familia. Atípica pero empática. Sairás cun sabor de boca marabilloso. Entristece e alegra a partes iguais.

– The man who surprised everyone (Rusia, 2018)
Análise de odios e amor a unha minoría perseguida. De como ao final a liberación dun mesmo é a mellor forma de vivir. Se non tes futuro non tés que perder. Estocada á dobre moral da sociedade. Un deleite para quen defende a non homoxenización do pensamento. Os estigmas da homosexualidade no século XXI sen cortapisas. A crúa realidade.

– The Guilty (Dinamarca, 2018)
Todo trascorre nunha habitación. A partires dos diálogos o espectador visualiza e recrea toda a vida duns personaxes. Tal é o punto de tensión creada polo guión, que somos capaces de poñer imaxes a todo o que non vemos. Traballo espectacular do seu protagonista.

– Dogman (Italia 2018)
Unha atmósfera atofegante. Uns personaxes fabulados viven o seu inferno en vida. Sobreviven á súa exitencia. O protagonista é capaz de caer nas redes da inmoralidade só por instinto de supervivencia. De como perdemos a perspectiva cando só buscamos vinganza.

– Mi obra maestra (Arxentina, 2018)
Desta vez Gastón Duprat ten no obxectivo: a falsa moral. Esa moralina cartesiana da sociedade da opulencia. De como perdemos os referentes. De como xa non sabemos ver que é arte e que un truño. Cun humor irreverente os personaxes son capaces de vivir conforme ao que eles queren e sinten. Utilizando resortes nada respetuosos. Un xogo de espellos que agradará a toda a familia.

As necesarias

Aquelas películas que debes ver. Son diversas e poden gustar ou non. Pero a súa calidade é innegable. Temáticas dispares e formas intensas de levalas a cabo. Non as cuestiones. Empápate do seu fondo. Estas son algunhas que puidemos ver en Cineuropa.

– The kindergarten teacher (EE. UU., 2018)
Maggie Gyllenhaal achéganos un personaxe de antoloxía. Unha profesora fastiada, cansa do que a rodea. Sen finalidade no seu día a día. E agárrase ao primeiro cravo ardendo que lle sae. Un cravo intenso e ben intencionado. Pero a perda de visión e da realidade traeralle problemas.

– Sauvage (Francia, 2018)
Impactante e controvertida. Unha visión osca e deturpadora da falta de incentivos. De como non esperamos nada da nosa vida. De non ser capaz de ter soños. Da perda da ilusión. Sexo, amor e crítica social nunha cinta crúa e sen telóns que oculten nada do seu protagonista.

– Loro (Italia, 2018)
Sorrentino tennos acostumados a sorprender coa parafernalia dun videoclip contínuo. Unha amalgama de sensacións audiovisuais moi coloristas. Neste filme segue esa senda, máis pausada, pero o mesmo espírito. E de fondo, a política. Unha vida, a de Silvio Berlusconi. A pesares de edulcorala ten certos matices interesantes. Papelón de Toni Servillo.

– Dressage (Irán, 2018)
Descubrimento. Pequena xoia que navega entre as augas do ben e do mal. Unha rapaza que se empecina en facer o correcto. Implicacións familiares, persoais, sociais e ata xudiciais. Toda unha reflexión sobre a perda de valores e principios. Ábrese o debate.

– Kardesler (Turquía, 2018)
Filme de lenta cocción. Un traballo intenso o do seu protagonista. Que dende os silencios se crea un personaxe difícil de entender. A loita entre as dúbidas e os remordementos erixen a súa conduta. O pasado como pegada que cambiará unha personalidade. O perdón é o primeiro paso para a liberación. E este rapaz terá que liberarse desa pegada.

– Three Faces (Irán, 2018)
Jafar Panahi tennos acostumados a esa mestura entre realidade e ficción. Esa estraña amalgama, fermosa e intensa, de realidade documentada. Esa fronteira tan ben difuminada entre a personaxe e a persoa. Xogando con eses intrumentos amósanos as necesidades dunha sociedade enferma. As súas carencias. Denuncias crúas que impactan no espectador que sabe separar o trigo da palla.

– Las herederas (Paraguay, 2018)
Análise da delgada liña entre a realidade e a moral. Entre a teoría e a práctica. De forma enxeñosa o filme narra o despertar, ou non, das necesidades interiores. Descubrir un mundo que nos fai sentir libre e que, ao mellor, non é tal. O debate xorde entre se de verdade temos aire para voar.

– El silencio de otros (España, 2018)
Un marabilloso e necesario documental que vimos en Cineuropa sobre a realidade actual das vítimas do franquismo. Non está todo soterrado. Está máis presente do que pensabamos. Persaonalizado en varias testemuñas, empatizamos cunha realidade ferinte e sangrante. A xustiza non debe quedar en papel mollado. Este documental enxufla aire fresco para quen non tema ver a realidade.

As que non debes perder

Ese tipo de película que son boas e que, dependendo dos gustos de cada un, gustarán. Xa son máis diversas en temas e formatos. Pero non se deberían pasar delas por seren arriscadas.

– Je vois rouge (Francia, 2018)
Documental sobre a busca do pasado. Temática política mesturada con intrincados sentimentos e intensas lazos familiares. Esa mestura entre realidade e ficción fan que ao final só surxa unha pregunta na nosa cabeza: ¿quen somos?

– O caso Kurt Waldheim (Austria, 2018)
Documental sobre unha controvertida figura política clave na Europa oriental dos últimos cincuenta anos. Con gran mestría a súa autora mestura recursos propios con imaxes de televisión. Volve ensinar cales son as nosas miserias. Como o ser humano é capaz de defender o indefendible só por afiliación ou amiguismo. Ás veces os feitos terxivérsanse dependendo do que nos interesa.

– The Reports on Sarah and Saleem (Palestina, 2018)
Ao máis puro estilo Farhadi, Muayad Alayan amosou en Cineuropa unha historia particular para darnos a ver que fráxil é a nosa realidade. Onde o perdón e a dignidade están moitas veces onde menos a esperamos. E outras moitas falta onde máis a buscamos. Un drama de amor e familia que non diexará indiferente.

– Utoya 22.Juli (Noruega, 2018)
A mellor forma de ser consciente do medo é vivíndoo. Achegámonos ao horror dun atentado dende dentro. A tempo real. Unha exemplificación dura, pero que abrirá os ollos daqueles que non son conscientes do horror.

– Never look away (Alemaña, 2018)
A sorpresa das candidaturas aos Óscar 2019 e que puidemos ver en Cineuropa. Este filme que pón en relación un drama familiar, un drama social e un drama persoal… Un compendio de evolución e de historia. Unha forma metonímica de ver a realidade. De contala. A parte polo todo. Ademais agrada a calidade da fotografía e do guion.

– Plaire, aimer et courir vite (Francia, 2018)
É a estampa dun sentimento universal. Do dano que fai querer e do amor que se pode ter aínda deixándoo marchar. As circunstancias do amor condicionan o propio amor. Unha historia de desencontros. Amantes dos dramas e dos oitenta estarán encantados.

– The miseducation of Cameron Post (EE.UU., 2018)
O humor non debe faltar. Aínda que sexa un tema tan espiñoso coma a negación dun mesmo. A sexualidade. O seu espertar e a cerrazón dalgunhas mentes primitivas. O descubrimento dos impulsos sexuais son sempre unha grande esperiencia. A cinta deixa ver que non debemos claudicar cos nosos sentimentos nunca.

– La noche de 12 años (Uruguai, 2018)
Moitas veces non somos conscientes da historia máis recente. Témola diante e non sabemos apreciala. Un anaco dela represéntase aquí. A máis crúa e dolorosa. Pero necesaria para respectar. Non esquecer o dano das ditaduras para que non se volva a repetir.

– Leto (Rusia, 2018)
A súa arriscada forma de dar a coñecer unha época e unha forma de vida é o que máis chama a atención. En branco e negro, a Rusia dos oitenta e os pubs de música rock. Con todo iso implántase un diálogo co espectador que non defrauda. Diferente. Kitsch. E unha banda sonora intensa.

– Frost (Lituania, 2018)
Cunha historia simple e case descoidada amósanos o horror da guerra. Ese horror do que non somos conscientes e que nos pode afectar. Unha historia laxa pero complexa que simula esa toma de conciencia. Pero, ¿a que prezo?

– Teret (Serbia, 2018)
Outro filme da guerra que se proxectou en Cineuropa. Pero dende a barreira. A implicación persoal de soslaio. Unha grande historia para darnos a ver que podemos formar parte por obra ou omisión.

– Jetzt Nicht (Alemaña, 2018)
¿Ata que punto estamos inseridos na sociedade de consumo actual?, ¿que implicación temos nesta constante sociedade de usar e tirar?, ¿que pasa se saímos (ou o intentamos, ou nos obrigan) desa voráxine do día a día? Unha boa reflexión sobre os límites do capitalismo máis feroz.

– Galvestone (EE.UU, 2018)
Cunha atmósfera opresiva e cun modo de vida intenso tamén se pode ter principios. Ás veces actuar en consecuencia non ten o resultado esperado. Unha loita entre o que debemos e o que facemos. Acción a raudales.

– Mirai no mirai (Xapón, 2018)
Unha das nominadas aos Óscar 2019. Unha marabillosa historia de aceptación do que te rodea. Unha intensa metáfora da máis tenra infancia vista dende o seu punto de vista. Volver a ser inocente para ser máis feliz. Crecer sempre é marabilloso, por dentro e por fóra.

Coas que pasarás un bo rato

Se tes tempo, estes filmes tampouco os debes perder. Son diferentes aos estándares. Teñen gancho. Comedias e dramas, todos cunha intensidade e gusto amplo: L’home fidele (Francia, 2018), Diane (EE.UU., 2018), Kursk (Bélxica, 2018), Oiktos (Grecia, 2018), Blosom valley (Hungría, 2018), Entre dos aguas (España, 2018), Los Vagos (Arxentina, 2018), Mente revólver (México, 2018), Belmonte (Uruguai, 2018), A casa de Jack (EE.UU., 2018), Os corpos dos astronautas (Alemaña, 2018), Le demiere folie de Claire Darling (Francia, 2018), Sunset (Hungría, 2018), High Life (Francia, 2018), Notti Magiche (Italia, 2018), Miriam miente (República dominicana, 2018), Doubles vies (Francia, 2018), Support the girls (EE.UU., 2018), Les estivants (Francia, 2018), Ghostland (EE.UU., 2018), Dilili à Paris (Francia, 2018), What keeps your alive (Canadá, 2018) e Praça París (Brasil, 2018).

Non perdas o tempo

Por moito que escoites falar delas. Se che metan as ganas. Non perdas o tempo, como algúns fixemos en Cineuropa con estas películas: ‘Long day’s journey into night’ (China, 2018), In fabric (Reino Unido, 2018) e ‘Touch me not’ (Rumanía, 2018).

Son moitas, pero hai para todos os gustos. Cando non saibas que ver, aquí tes unha axuda. Guíate e busca a túa historia. Esa que fará que sexas mellor. Aí arriba está. Só tes que atopala.

Sin comentarios

Publica un comentario

Pin It on Pinterest

Shares
Share This

Si continúas navegando por este sitio aceptas nuestras cookies. Más información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar